Teais é unha empresa galega fundada en Arteixo dedicada á fabricación e comercialización de produtos e sistemas especiais para a construción e a industria. Vende os seus produtos en máis de 40 países.
Historia Teais inicia as súas actividades hai máis de 30 anos fabricando produtos de impermeabilización. O éxito e a calidade da empresa fixeron que o negocio medrase ampliando á fabricación de pinturas, adhesivos, formigóns especiais, ferramentas e outros produtos para a construciónAcerca de TEAIS .
Ten unha fábrica de 10.000 m² nunha parcela de 24.000 m² no polígono de Sabón. Nos últimos anos abriu delegacións e fábricas con acordos con empresas locais doutros países.
En 2010 chegou a un acordo con investidores para crear unha joint venture ou empresa conxunta, co nome de TEAIS Tunisie para vender e fabricar os seus produtos no norte de África. Logo do terremoto de Lorca de 2011, a empresa ofreceuse a doar aos habitantes da vila murciana tódalas grampas necesarias para reparar as gretas dos edificios.
Os produtos que ofrece son adhesivos, aditivos, illamentos, desencofrantes, emplastes e morteiros especiais, limpadores, impermeabilizantes, disolventes, pavimentos, revestimentos, imprimacións, pinturas, produtos para madeira, liña naval, masillas e ferramentas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Teais
Categoría:Arteixo Categoría:Empresas de Galicia