Grenoble (Grenoblo en arpitano) e é unha cidade francesa, capital do departamento do Isère dentro da rexión de Auverña-Ródano-Alpes. É a terceira cidade da rexión despois de Lión e Saint-Étienne. Tamén é a maior cidade alpina, co cal se lle chama tamén a capital dos Alpes. Grenoble é unha cidade universitaria e ten grandes laboratorios de investigación científica.

Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno en 1968.

Personalidades Heinrich Cornelius Agrippa, astrólogo e alquimista, morreu en Grenoble (1535) Stendhal, escritor francés, naceu en Grenoble (1783) Henri Fantin-Latour, pintor, naceu en Grenoble (1836) Joe Dassin, músico, estudou o bacharelato en Grenoble Emilio Pérez Touriño estudou na Universidade de Grenoble

Educación Grenoble École de Management

Cidades irmandadas Catania (1961) Innsbruck (1963) Halle (1976) Essen (1979) Rehovot (1984) Oxford (1988) Phoenix (1990) Stendal (1992) Kaunas (1997) Sfax (1998) Corato (2002)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da cidade

Categoría:Grenoble