miniatura|Radiación solar Coñécese por radiación solar ó conxunto de radiacións electromagnéticas que son emitidas polo Sol. Estas van desde o infravermello ata o ultravioleta.

A unidade práctica que describe a radiación solar que chega á Terra é a irradiancia, ou unidade de potencia por metro cadrado [w/m²].

A exposición esaxerada á radiación solar pode ser prexudicial para a saúde.

A radiación solar é un factor a considerar nas viaxes espaciais e cara ó establecemento de colonias fóra da Terra, pois afecta ós astronautas, polo que o seu estudo leva moitos anos en marcha, a través do seguimento no interior da ISS cos módulos Dosis-3D.

Notas

Véxase tamén

Sol Estrela Neutrinos Luz solar Protón solar Ciclo solar Vento solar Coroa solar Aurora polar Flora solar Piranómetro Ciclo Milankovitch Bronceado Efecto invernadoiro Quecemento global

Categoría:SolCategoría:Astronomía Categoría:Radiación