Warner Bros. Records é un selo discográfico estadounidense. Trátase do primeiro selo do que é coñecido como o Warner Music Group, e opera como unha subsidiaria desa corporación. Mantén unha pechada relación co seu antigo parente, Warner Bros. Pictures, aínda que as dúas compañías son de propiedade independente. Rob Cavallo é o actual presidente da compañía. Warner Bros. Records foi fundada orixinalmente en 1958 como a división de gravación musical do estudio de cine Warner Bros. Pictures. Durante a meirande parte da súa existencia foi un dun grupo de etiquetas posuídas e operadas por corporacións matrices máis grandes. A secuencia de compañías que controlaban Warner Bros. e os seus selos aliados foron evolucionando a través dunha serie de complicadas fusións corporativas e adquisicións dende principios dos anos 60 ata principios dos 2000. Durante este período, Warner Bros. Records pasou de ser un selo menor da industria a ser unha das principais discográficas do mundo.

No ano 2003 estes activos musicais foron despoxados do seu entón propietario, Time Warner, e mercados por un grupo de capital privado. Esta compañía independente operaba como o Warner Music Group (WMG), antes de ser mercada por Access Industries no ano 2011. WMG é a terceira máis grande dos catro principais conglomerados musicais do mundo. Warner Bros. Records aínda é un selo activo desta compañía. Os activos editoriais do grupo inclúen os dereitos de ao redor dun millón de cancións de máis de 65.000 compositores, facendo del o meirande editor de música do mundo.

Selos afiliados

1017 Brick Squad Records (2009–actualidade) Trill Entertainment (dende 2009) A&E Records (antigamente Mushroom Records UK) (2003–actualidade) Action Theory Records (2009–actualidade) Asylum Records (dende 2009) A Band Apart (1997–actualidade) Beluga Heights (2008–actualidade) Black Wall Street Records (2004–actualidade) Blacksmith Records (2005–actualidade) BME Recordings (2004–actualidade) Brute/Beaute Records (2005–actualidade) BTNH Worldwide (2009–actualidade) Collective Sounds (2011–actualidade) Doghouse Records (2004–actualidade) Decaydance Records (2005–actualidade) Festival Mushroom Records (2005–actualidade) Heiress Records (2004–actualidade) Helium 3 (2006–actualidade) Jet Life Recordings (2011–actualidade) Machine Shop Recordings (2002–actualidade) Malpaso Records (1995–actualidade; status descoñecido) Maybach Music Group (2011–actualidade) Loveway Records (2009–actualidade) Maverick Records (1992–actualidade; status descoñecido) Nonesuch Records (2004–actualidade) No Limit Forever Records (2011–actualidade) October's Very Own (2012–actualidade) Perezcious Music (2009–actualidade) Playmaker Music (2007–actualidade) Public Broadcasting Service (1998–actualidade; status actual descoñecido) Record Collection (2003–actualidade) Reprise Records (1963–actualidade) RuffNation Records (1998–actualidade; status descoñecido) Sire Records (1978–1995, 2003–actualidade) Teleprompt Records (2003–actualidade) Thee West Entertainment (2011–actualidade) Word Records (2002–actualidade) Young N Charge Inc (2011–actualidade) Serjical Strike Records (2007–actualidade)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Discográficas dos Estados Unidos de América