Isaac Palacín Losada, nado en Mos, o 19 de xuño de 1967, é un músico galego.
Traxectoria Formouse como batería e percusionista co mestre cubano Ruy López-Nussa, aprendizaxe que completou con clases de percusión afrocubana con Emilio del Monte e de percusión tradicional galega con Francisco Estévez. Entre os 14 e os 17 anos exerce como afeccionado, formando parte de diversos grupos de rock como La banda del predicador e La nécora prodigiosa entre outros. Ao ano seguinte fixo a súa primeira incursión no mundo do folk como integrante da formación que acompañaba á cantante Uxía. Estivo tamén no colectivo Ya'sta la truop, colaborando con artistas como Los toreros muertos, Poyito de California e Rafa Kass. Máis recentes son as colaboracións nos proxectos do pianista cubano Jorge González "Bombero" ou o autor brasileiro Fred Martíns. No ano 1991 intégrase en Matto Congrio, e no 1995 é un dos confundadores de Berrogüetto.
Colaborou tamén en gravacións de distintos xéneros, con grupos como Na Lúa, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Anubía, Batuko Tabanka, Heredeiros da Crus, Magín Blanco, Beladona, Lizgairo ou The Chieftains. Paralelamente efectuou tarefas de gravación e coprodución artística con Chouteira, Caldaloba, Pan de Capazo, Santi Quintáns, Paco Charlín e o Seminario Permanente de Jazz entre outros. Pola súa vez, tamén tivo relación co sector audiovisual, no que realizou traballos de Xefe e Postprodutor de Son.
Traballos discográficos Traballos publicados con Berrogüetto Navicularia, 1996. A cantar con Xabarín, 1998. Cantigas de Nadal, 1999. Viaxe por Urticaria, 1999. Hepta, 2002. 10.0, 2006. Kosmogonías, 2010.
Traballos publicados con Matto Congrio Matto Congrio, 1993.
Participación noutros traballos colectivos Instrumentos tradicionais galegos, co Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo.
Traballos audiovisuais Colaboracións O muíño abandonado, de Lino Fernández, 2006. A semente, de María Reimóndez, 2006. Tecendo o fío da memoria, de María Reimóndez, 2006.Llanos. Presenza e devir dun fotógrafo, de María Ojea, 2008.
Premios Con BerrogüettoPreis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998. Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999. Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002. Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007. Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007. Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.
BibliografíaBerrogüetto. O pulso da Terra'', 2011, Galaxia, de Fernando Neira.
Véxase tamén Ligazóns externas Web de Berrogüetto
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Mos Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes