Katmandú, un espejo en el cielo é un filme español dirixido por Icíar Bollaín que se estreou no 2012. Está baseada na historia real de Victoria Subirana que é interpretada por Verónica Echegui. O filme trata sobre unha mestra que viaxa a unha escola de Katmandú sumida na pobreza. Foi estreada en febreiro de 2012.

Sinopse Laia é unha mestra que viaxa a Katmandú para traballar nunha escola dos barrios máis pobres. Alí decatarase de toda a miseria que a rodea, polo que o seu principal obxectivo será levar a cabo un proxecto educativo no que os nenos máis pobres reciban unha formación de calidade que lles axude a saír desa situación. Para poder realizalo e ficar traballando alí, verase obrigada a contraer un matrimonio de conveniencia cun cidadán de Katmandú, do cal acabarase namorando. Por outra banda, unha mestra nativa, Sharmila, axudaralle a pesar das fortes presións que recibe por parte da súa familia, que consideran que está a traer a deshonra á súa familia ó relacionarse cos "intocábeis".

Personaxes Verónica Echegui como Laia Sumyata Battarai como Sharmila Norbu Tsering Gurung como Tsering Kalsang Tamang como Rigga Bikram Pariyar como Pemba Muna Thami como Kushila Sangita Tamang como Bimala Aleix Rengel como Dani Lluïsa Castell como Nai de Laia Assun Planas como Monxa Montse Alcoverro como Parteira Ferran Lahoz como Pai de Laia

Galardóns e nomeamentos 2011: Premios Goya: Nomeada a mellor actriz (Verónica Echegui) e guión adaptado. 2011: Premios Gaudí: Mellor actriz (Echegui).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Icíar Bollaín