Caldea é o nome co que se coñeceu na Antigüidade á rexión situada na baixa Mesopotamia, ao establecérense nela os caldeos. Posteriormente esta denominación espallouse a toda a rexión de Babilonia, aínda que correctamente débese chamar Caldea á zona extrema suroriental da parte meridional da cunca do Éufrates e o Tigris (no actual Iraq) próximo aos desertos de Arabia.
O termo 'caldea' provén do latín Chaldaeus, e este á súa vez do grego antigo Χαλδαῖος, e este, finalmente, do acadio kaldû.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Babilonia