"No Surprises" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead. Foi publicada o 12 de xaneiro de 1998 como cuarto e último sinxelo do seu álbum OK Computer. No Xapón foi editada como un mini-álbum titulado No Surprises / Running from Demons.

Estivo acompañada por un vídeo musical, dirixido por Grant Gee, realizado nunha única toma, onde pode verse á cabeza do vocalista Thom Yorke nunha burbulla de plástico enchéndose de auga. O sinxelo chegou ao número 4 no Reino Unido, e en outubro do ano 2011 a revista NME situouna no posto 107 da lista das "150 mellores cancións dos últimos 15 anos".

Aparece no episodio "Broken" da serie de televisión House, cando o doutor House estaba en rehabilitación, e tamén nun capítulo da serie The Royle Family.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Thom Yorke, Jonny Greenwood, Ed O'Brien, Colin Greenwood e Phil Selway.

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo de "No Surprises" en YouTube

Categoría:Sinxelos de 1998 Categoría:Cancións de Radiohead