thumb|O Parlamento en sesión. O Goberno da Súa Maxestade de Xibraltar é o goberno democraticamente elixido do territorio británico ultramarino de Xibraltar. O goberno ten a Raíña Isabel II (representada por un Gobernador - actualmente, Sir Adrian Johns) como o seu xefe de Estado. As eleccións celébranse cada catro anos, cun parlamento unicameral de 18 membros (17 membros elixidos por voto popular e un membro, o "Speaker", nomeado polo Parlamento). Os mandatos son tamén de catro anos.
O Executivo O gobernandor nomea o líder do partido maioritario (ou da coalición maioritaria) como ministro xefe (xefe de goberno).
O Lexislativo O Gabinete (Consello de ministros) fórmano, polo xeral, nove dos 17 membros electos do Parlamento, elixidos polo ministro xefe, coa aprobación do gobernador. Os sete membros restantes constitúen a oposición (Gabinete á sombra).
Consello de Ministros
O Gabinete elixido en 2011:
NomeFunción ministerialO Hon. Fabian PicardoMinistro xefeO Hon. Dr. Joseph GarciaViceministro xefeO Hon. Dr. John CortesMinistro da Sanidade e medio ambienteO Hon. Charles BruzonMinistro da Vivenda e da terceira idadeA Hon. Samantha SacramentoMinistra da Igualdade e servizos sociaisO Hon. Gilbert LicudiMinistro da Educación, servizos financeiros, xogos, telecomunicacións e xustizaO Hon. Joe BossanoMinistro de Empresas, formación e empregoO Hon. Neil CostaMinistro de Turismo, transporte público e PortoO Hon. Paul BalbanMinistro de Tráfico, seguridade e hixiene e servizos técnicosO Hon. Steven LinaresMinistro de Deporte, cultura, patrimonio e xuventude
Notas
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Xibraltar