(145451) Rumina (designación provisional ) é un obxecto trans-neptuniano que reside no disco disperso, unha rexión máis aló do cinto de Kuiper. Foi descuberto o 9 de setembro do 2005 por Andrew C. Becker, Andrew W. Puckett e Jeremy Martin Kubica dende o Observatorio de Apache Point, situado en Sunspot, Novo México.

Nas listas do sitio web de Mike Brown aparece coma un posible planeta anano, pero o diámetro deste obxecto aínda non foi precisado. Foi observado 194 veces, 11 delas en oposición, a imaxe recuperada máis antiga deste obxecto é do ano 1976. A súa órbita foi totalmente precisada cun "código de calidade" de 0.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

225088 Gonggong Sedna

Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris (145451) 2005 RM43 Precovery Images

Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano