PROMAX electrónica é unha empresa de telecomunicacións e electrónica fundada en Barcelona en 1963 por José Clotet. Os primeiros instrumentos desenvolvidos por Promax incluían equipos para xerar sinais de televisión e radio e analizadores de espectros para medir e comprobar a calidade do sinal.

Factura uns 20 millóns de euros en 100 paísesJOSÉ CLOTET, FUNDADOR DE PROMAX RECIBIÓ EL PREMIO SALVÀ I CAMPILLO.

Historia Promax iniciouse no mercado fabricando instrumentos electrónicos de laboratorio. O primeiro equipo deseñado foi un xerador de sinal de televisión, un voltímetro e unha fonte de alimentación. Todos eles comezaron a comercializarse un ano despois da fundación da empresa.

En anos posteriores a empresa entrou no mercado cos primeiros osciloscopios, medidores de campo para radio e televisión, xeradores de baixa frecuencia, xeradores AM/FM etc. Tódolos equipos funcionaban a válvulas.

Promax mantén un investimento constante en I+D de preto do 15% do total da facturación.

Produtos Promax fabrica máis de 200 produtos electrónicos de medición e control. Instrumentación Analizadores de TV, Satélite e Cable Xeradores de sinal de TV analóxica e dixital Instrumentación de electricidade Instrumentación Wifi, telefonía e radio Equipamento para fibra óptica Equipos profesionais de televisión e radio Equipos electrónicos para ensino

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Promax Blog de Promax

Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Empresas de Cataluña