Matteo Giulio Bartoli, nado en Albona d'Istria en 1873 e finado en Turín en 1943, foi un lingüista italiano.
Traxectoria Estudou na Universidade de Viena, exerceu de profesor na Universidade de Turín entre 1907 ata a súa morte. Os seus estudos sobre o dálmata, Das Dalmatische (2 vol. 1906), son case as únicas fontes que se conservan desa lingua. Escribiu tamén Introduzione alla neolinguistica (1925) e Saggi di linguistica spaziale (1945). Foi mestre de Antonio Gramsci.
Categoría:Lingüistas de Italia Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade de Viena