miniatura|Escultura do gatipedro na praza do Humor da Coruña. O gatipedro é unha figura mitolóxica de Galicia que fai mexar ós nenos na cama. Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza. Vai ás casas polas noites, para nos cuartos nos que hai nenos durmindo, e entón ponse a verter auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando o pingar da fonte do gatipedro, soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Segundo a tradición, para espantalo é necesario botar unhas areas de sal diante da porta do cuarto e a carón da fiestra. O gatipedro camiña apoiándose, ademais de nas catro patas, na lingua, polo que cando sente o sabor do sal, dá a volta e deixa ós nenos da casa en paz.
Na literatura O gatipedro foi descrito por Álvaro Cunqueiro na súa obra Escola de menciñeiros publicada pola Editorial Galaxia en 1960. Tamén é un dos temas do libro de relatos Os outros feirantes, escrito en 1971 por Cunqueiro, onde o personaxe de Marcelino mexa na cama por mor das visitas nocturnas do animal. Finalmente, a situación resólvese grazas a un menciñeiro de Pontedeume que dá coa solución, sementando sal na entrada do cuarto do neno.
No ano 2018, publicouse o conto O gatipedro de Jacobo Paz, publicado por Baía Edicións e con ilustracións de Xosé Tomas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Mitoloxía galega
Categoría:Mitoloxía galega