Elena Vladimirovna Filatova (en ruso, Елена Владимировна Филатова, e en ucraíno, Елена Володимирівна Філатова), nada en Pripyat, Kíiv en 1974, é unha fotógrafa, escritora e motociclista ucraína coñecida polas súas viaxes á chamada zona morta de Chernóbil.

Fotografías e viaxes en moto Filatova é coñecida co pseudónimo KiddOfSpeed. Na súa páxina web hai varias fotos realizadas nas súas viaxes a Chernóbil xunto á Central nuclear de Chernóbil, Pripyat e outras localidades deshabitadas logo da catástrofe de 1986.

Entre os seus traballos fotográficos inclúense vivendas, casas do pobo, escolas e un parque de atraccións cunha nora, cuxa apertura estaba prevista para o 1 de maio de 1986 e que na actualidade está oxidada. Sempre que viaxa, faino cunha moto e cun permiso especial que a acredita para entrar na zona de exclusión ela soa.

Con todo, guías turísticos e outros turistas afirman que a viron nunha viaxe organizada. Un dos guías, Yuriy Tatarchuk, lembrou que Filatova realizou a viaxe cunha chaqueta de coiro. Tempo despois creou o sitio web.

Outros traballos Ademais das fotos de Chernóbil, entre os seus proxectos máis recentes está a foto-reportaxe sobre o Muro da Serpe, preto de Kíiv. Na reportaxe, Filatova explora unha zona rodeada por unha antiga muralla con modernas fortificacións construídas durante a segunda guerra mundial; tamén fala sobre a historia da Revolución de Outubro de 1917 e a invasión nazi a Ucraína.

Outras ligazóns da súa web mostran o fotodiario realizado por ela do día da Revolución Laranxa de Ucraína. En marzo de 2007, publicou novas fotos dos arredores da área de Chernóbil que foron tomadas máis recentemente.

Na súa páxina web aparecen outras imaxes sobre gulags construídos durante a era de Iosif Stalin. Nas súas últimas reportaxes falou tamén sobre as protestas durante as eleccións xerais de 2004 no país cando o presidente Yanukovych gañou de xeito irregular fronte a Yushenko.Stolen Election "The people who cast the votes decide nothing. The people who count the votes decide everything." , Elenafilatova.com.

En 2011, cando se produciu a catástrofe da Central Nuclear de Fukushima, escribiu outra fotorreportaxe sobre o accidente baixo o título Chernobyl Journal (Volume 5).Chernobyl journal (volume 5), marzo de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Elena Filtatova Antiga páxina de KiddOfSpeed Documentación de Filatova sobre o Muro da Serpe La zone de Tchernobyl aujourd'hui, la ville fantôme de Pripyat, la terre des loups...

Categoría:Fotógrafos de Ucraína Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados na rexión de Kíiv