Joseph Anthony Mantegna, nado en Chicago (Illinois) o 13 de novembro de 1947, é un actor, produtor e director estadounidense.

Traxectoria

Mantegna comezou a súa carreira no teatro en 1969 co musical Hair. Gañou un Premio Tony ó mellor actor e un Premio Joseph Jefferson por interpretar Richard Roma en Glengarry Glen Ross, a primeira produción estadounidense de David Mamet, sendo a primeira de moitas colaboracións con Mamet."Mantegna's career took a major leap forward in 1974 when he met David Mamet. Hailed as one of the great playwrights of the modern era, Mamet saw Mantegna as the ideal vehicle for his work, partly because they had markedly similar backgrounds." Kristine McKenna. "Things Changing in the Acting Character of Joe Mantegna", Los Angeles Times, October 28, 1988 A súa longa asociación con Mamet inclúe as estreas de A Life in the Theatre, The Disappearance of the Jews e Speed-the-Plow en Broadway. Mantegna tamén dirixiu unha produción de Mamet, Lakeboat, que tivo moito éxito nos teatros dos Ánxeles. Posteriormente tamén dirixiu a adaptación cinematográfica de Lakeboat. Ademais de nas producións teatrais de Mamet, Mantegna apareceu nos filmes House of Games (1987), Things Change (1988), Homicide (1991) e Redbelt (2008). Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia siciliana Categoría:Nados en Chicago