A Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil (FAPMI) é unha entidade sen ánimo de lucro na que se integran persoas e asociacións sensibilizadas coa defensa dos dereitos dos menores e tratan de promover un bo trato de nenos, nenas e adolescentes. As súas actividades céntranse nas seguintes áreas: Protección á infancia. Prevención do maltrato a nenos, nenas e adolescentes. Fomento do bo trato na infancia. Promoción dos dereitos do neno.

Traballan múltiples valores entre os que podemos destacar: Os orientados cara ás persoas: respecto pola dignidade humana e a defensa dos seus dereitos, a solidariedade entre quen forma parte da organización. Orientados cara a organización: a xestión da organización a medida das necesidades e as expectativas dos seus destinatarios; participación de tódalas persoas xa sexan voluntarios, profesionais ou usuarios como valor primordial para conseguir unha maior motivación e eficiencia nos servizos. Orientados á sociedade: a transparencia na xestión dos recursos e a demostración na súa eficiencia; a responsabilidade social e o compromiso permanente cara esa responsabilidade.

As liñas de axuda que ofrece esta federación son as seguintes: Teléfono europeo de axuda á infancia: 116111. Teléfono europeo de alerta de nenos desaparecidos: 116000

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de FAPMI

Categoría:Asociacións Categoría:Infancia