Rana é un xénero de anfibios anuros, o tipo da familia dos ránidos (Ranidae), cuxas especies habitan na Eurasia temperada até a Indochina e no oeste de Norteamérica. As súas especies caracterízanse por teren a cintura delgada e a pel rugosa, e moitas posúen finas estrías que percorren as costas, aínda que carecen das verrugas típicas dos sapos. Son excelentes saltadoras debido ás súas longas e esveltas ancas. A membrana interdixital típica de das súas patas posteriores permítenlles unha natación fácil e, en terra, dar grandes saltos. Adoitan seren de cor verde, parda ou parda avermellada, con manchas negras e amareladas polo dorso e máis pálidas polo ventre.

Moitas das ras deste xénero crían a principios da primavera, aínda que as especies tropicais e subtropicais o fan durante todo o ano. Os machos da maioría das especies croan, pero crese que os dunhas poucas son mudos. As femias desovan formando grandes masas ou agregados globulares, alcanzando postas de até 20 000 ovos.

Sistemática O xénero Rana foi descrito por Linneo en 1758. A especie tipo é Rana temporaria Linnaeus, 1758.

Houbo moitos cambios na súa taxonomía, sobre todo desde 1990. Moitas especies que formaban parte del foron clasificadas en até 12 xéneros distintos dentro da familia Ranidae e 2 xéneros máis na familia Discoglossidae.

Rana está restrinxido hoxe ás chamadas "ras verdadeiras" do Novo Mundo (true frogs en inglés) e ás eurasiáticas "ras pardas" do grupo da ra vermella (Rana temporaria).

Os xéneros que recentemente se separaron de Rana son:

Familia Ranidae Amolops Cope, 1865 (42 especies) Babina Thompson, 1912 (9 especies) Clinotarsus Mivart, 1869 (2 especies) Glandirana Fei, Ye, e Huang, 1990 (4 especies) Humerana Dubois, 1992 (3 especies) Hylarana Tschudi, 1838 (86 especies) Lithobates Fitzinger, 1843 (49 especies) Odorrana Fei, Ye, e Huang, 1990 (51 especies) Pelophylax Fitzinger, 1843 (22 especies) Pseudorana Fei, Ye, e Huang, 1990 (2 especies) Pterorana Kiyasetuo e Khare, 1986 (1 especie) Sanguirana Dubois, 1992 (2 especies)

Familia Dicroglossidae Hoplobatrachus Ingerana</div>

De entre todos xéneros da familia Ranidae, Odorrana está tan estreitamente relacionado con Rana que non sería raro que volveran a unirse nun só xénero. Os demais parecen estar moito máis afastados, sobre todo Pelophylax, ao que pertence a Pelophylax perezi (sinónimo Rana perezi), a ra común.

Especies Na actualidade este xénero está composto por 48 especies. Rana «okinavana» XXX, 2008. Rana amurensis Boulenger, 1886. Rana arvalis Nilsson, 1842. Rana asiatica Bedriaga, 1898. Rana aurora Baird e Girard, 1852. Rana boylii Baird, 1854. Rana cangyuanensis Yang, 2008. Rana cascadae Slater, 1939. Rana chaochiaoensis Liu, 1946. Rana chensinensis David, 1875. Rana chevronta Hu e Ye in Hu, Fei, e Ye, 1978. Rana coreana Okada, 1928 Rana culaiensis Li, Lu, e Li, 2008. Rana dalmatina Fitzinger in Bonaparte, 1839. Rana draytonii Baird e Girard, 1852. Rana dybowskii Günther, 1876. Rana graeca Boulenger, 1891. Rana hanluica Shen, Jiang, e Yang, 2007. Rana huanrensis Fei, Ye, e Huang, 1990. Rana iberica Boulenger, 1879</small>. Rana italica Dubois, 1987</small>. Rana japonica Boulenger, 1879. Rana johnsi Smith, 1921. Rana kukunoris Nikolskii, 1918. Rana kunyuensis Lu e Li, 2002. Rana latastei Boulenger, 1879. Rana longicrus Stejneger, 1898. Rana luteiventris Thompson, 1913. Rana macrocnemis Boulenger, 1885. Rana maoershanensis Lu, Li, e Jiang, 2007. Rana multidenticulata Chou e Lin, 1997. Rana muscosa Camp, 1917. Rana omeimontis Ye e Fei in Ye, Fei, e Hu, 1993. Rana ornativentris Werner, 1903. Rana pirica Matsui, 1991. Rana pretiosa Baird e Girard, 1853. Rana pseudodalmatina Eiselt e Schmidtler, 1971. Rana pyrenaica Serra-Cobo, 1993. Rana sakuraii Matsui e Matsui, 1990. Rana sauteri Boulenger, 1909. Rana shuchinae Liu, 1950. Rana sierrae Camp, 1917. Rana tagoi Okada, 1928. Rana tavasensis Baran e Atatür, 1986. Rana temporaria Linnaeus, 1758. Rana tsushimensis Stejneger, 1907. Rana zhengi Zhao, 1999. Rana zhenhaiensis Ye, Fei, e Matsui, 1995.</div>

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cai, Hong-Xia et al. (2007): "Paraphyly of Chinese Amolops (Anura, Ranidae) and phylogenetic position of the rare Chinese frog", Amolops tormotus. Zootaxa 1531: 49–55. Dubois, A., e A. Ohler (1995): "Frogs of the subgenus Pelophylax (Amphibia, Anura, genus Rana): a catalogue of available and valid scientific names, with comments on the name-bearing types, complete synonymies. proposed common names, and maps showing all type localities", in Ogielska, M. (Ee.): II International Symposium on Ecology and Genetics of European water frogs, 18-25 de setembro de 1994, Wroclaw, Poland. Zoologica Poloniae 39 (3-4): 139-204. Frost, Darrel R. (2009): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Versión 5.3. Electronic Database. American Museum of Natural History, Nova York, EUA. Hillis, D. M. (2007): "Constraints in naming parts of the Tree of Lif"e. Mol. Phylogenet. Evol. 42: 331–338. Hillis, D. M. e T. P. Wilcox (2005): "Phylogeny of the New World true frogs (Rana). Mol. Phylogenet. Evol. 34 (2): 299–314. Matsui, Masafumi (2007): ·Unmasking Rana okinavana Boettger, 1895 from the Ryukyus, Japan (Amphibia: Anura: Ranidae). Zool. Sci. 24: 199–204. Stuart, Bryan L. (2008): "The phylogenetic problem of Huia (Amphibia: Ranidae). Mol. Phylogenet. Evol. 46 (1): 49-60.

Outros artigos Anfibios Ránidos

Ligazóns externas Encyclopedia of Life Global Biodiversity Information Facility AmphibiaWeb Amphibian and Reptiles of Peninsular Malaysia EUROHERP dataset Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles (CSIC) Fauna Europaea Species 2000 - ITIS

Categoría:Anfibios Categoría:Taxons descritos por Linné