Francisco Fernández Anciles, nado en Pontevedra en 1810 e finado na mesma cidade en decembro de 1880Necrolóxica en La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-12-1880, p. 11., foi un médico, escritor e político galego.
Traxectoria Exerceu a medicina e foi un dos precursores da poesía en galego. Colaborou en El País e El Progreso, foi propagandista do galeguismo e recompilou vocábulos galegos co obxectivo de elaborar un dicionario.
No Sexenio Democrático foi militante do Partido Radical, e o 12 de agosto de 1871 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Vida persoal
Foi pai de Heliodoro Fernández Gastañaduy.
Obras "Para min non hai consolo" (1858), publicado no periódico El País (versión de "O desconsolo" de Eduardo Camino). "A noite de San Xoán" (1861), premiado nos primeiros Xogos Florais de Pontevedra. El hombre ¿Es cosmopolita? ¿Puede ó nó aclimatarse sobre todos los puntos del globo? (1865).
Notas
Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1810 Categoría:Finados en 1881 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos