El Momento foi un xornal editado na Coruña en 1930.

Historia e características Subtitulado Diario independente e Diario de la noche, apareceu o 16 de febreiro de 1930. Fundado por Ánxel Casal, tirábase na Editorial Nós. Estivo dirixido por Manuel Luís Acuña. De tendencia progresista e galeguista, incluíu información local da Coruña e Santiago de Compostela e artigos sobre educación e política. Moitos dos seus contidos foron censurados. Contou con colaboracións humorísticas de Álvaro Cebreiro, con ilustracións de Cousas de Castelao e textos de Vicente Risco, Aquilino Iglesia Alvariño, Antón Vilar Ponte, Víctor Casas, Urbano Losada e Celso Romero Peláez. Deixou de editarse o 13 de marzo de 1930.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1930 en Galicia