miniatura|250px|Cultivo de viñedo en Ribadavia.

O subsidio agrícola é a axuda dada ás producións agrícolas por parte das instituións. As axudas poden ser de distintos tipos, pero poderían resumirse en dous grupos fundamentais: Axudas directas (por quilos, superficies, cabezas de gando etc). Axudas indirectas (rebaixa de impostos sobre produtos ou gastos necesarios para a actividade agraria).

Dentro da Unión Europea, a agricultura está subvencionada ou subsidiada, tendo un gran peso nas rendas dos agricultores en certos produtos. A Unión Europea a través da PAC (Política Agraria Común) e das OCM (Organizacións Comúns de Mercados), regula e subvenciona de distintos modos as producións agrícolas. Isto faino principalmente a través de 3 mecanismos: Intervención (compra de producións ós agricultores cando os prezos no mercado UE baixan de certo prezo marcado previamente). Axudas directas a superficies (por hectárea) ou cabezas de gando. Axudas para o intercambio con terceiros países (restitucións á exportación).

Categoría:Agricultura Categoría:Política económica