L'Arroseur arrosé é un filme francés, mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière e protagonizado por François Clerc e Benoît Duval. Foi estreado por primeira vez o 10 de xuño de 1895.
Trátase da máis temperá mostra de comedia coñecida no cine, así como o primeiro en representar unha historia ficticia. O filme foi orixinalmente coñecido como "Le Jardinier" (O xardineiro) ou "Le Jardinier et le petit espiègle" (O xardineiro e o pequeno pícaro).
Sinopse
Rodado en Lión na primavera de 1895, o filme amosa unha sinxela broma na que un xardineiro é amolado por un rapaz que pisa a mangueira que o xardineiro está a empregar para rega-las plantas, cortando dese xeito o fluxo de auga. Cando o regador olla no furado para inspeccionar que é o que detén a auga, o mozo ergue o pé, facendo que o xardineiro molle a cara. O xardineiro está atordado e o seu chapeu está no chan, pero axiña se decata. Prodúcese entón unha persecución, tanto dentro como fóra da pantalla (a cámara nunca se move da súa posición orixinal) ata que o home atrapa ó rapaz e dálle unha tunda.L'Arroseur arrosé
Personaxes Louis Lumière usou ó seu propio xardineiro, François Clerc, para interpretar o papel principal. Para o rapaz fedello, Lumière usou un aprendiz da factoría Lumière, que aparece nos créditos como Daniel Duval e Benoît Duval.Chronomedia: 1895 Mais parece que foi Léon Trotobas quen primeiro interpretou o papel en La Ciotat.
François Clerc como Xardineiro Léon Trotobas, logo Benoît Duval como Rapaz
Notas
Véxase tamén
Categoría:Filmes de 1895 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes de Francia