A lingua fula (tamén chamada peul, fulani, pulaar, fulbe, fulfulde) é unha lingua de África Occidental, especialmente da África subsahariana máis próxima ao Sahel, falada pola etnia fula, que abrangue dende Senegal até o Camerún e o Sudán. É falada por unhas 10-16 millóns de persoas e ten un status de lingua oficial en Mauritania, Senegal, Malí, Guinea, Burkina Faso, Níxer, Nixeria e mais no Camerún. O fula está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Fonoloxía O inventario de consoantes do fula é o seguinte: LabialAlveolarPalatalVelarGlotal oclusiva implosiva fricativa nasal aproximante Nalgúns dialectos do fula non existe a serie de implosivas. Polo demais o inventario anterior é moi semellante á da lingua wólof, coa excepción de que nesa outra lingua atlántica non existe nin serie de implosivas nin a oclusiva glotal.

Xeitos de escritura alfabeto latino Cando se escribe úsase o alfabeto latino, con algúns caracteres adicionais para representais fonemas ou sons específicos (ex. implosiva B, implosiva D, velar N [sons coma o grafo "nh" galego en "unha" por exemplo], palatal N, exectiva Y). O apóstrofo () úsase coma unha pausa glotal. En Nixeria substitúe , e no Senegal ñ úsase no canto de .

Alfabeto fula a, aa, b, mb, ɓ, c, d, nd, ɗ, e, ee, f, g, ng, h, i, ii, j, nj, k, l, m, n, ŋ, ny (ou ñ ou ɲ), o, oo, p, r, s, t, u, uu, w, y, ƴ

As letras q, x, z só se empregan nalgúns casos en estranxeirismos. No pular de Guinea atopamos unha letra adicional: ɠ.

Escritura árabe O fula tamén se escribiu no pasado con caracteres árabes ou Ajami pero foi antes da colonización. Nalgunhas zonas de Guinea aínda os usan.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en fula Bibliografía M. Orozco e F. Roca (2006): El Fula i el Wòlof:Estudi comparatiu entre les gramàtiques del Fula i el Wòlof, Barcelona, ISBN 84-393-7034-2.

Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas de Benín Categoría:Linguas de Burkina Faso Categoría:Linguas do Camerún Categoría:Linguas de Gambia Categoría:Linguas de Guinea Categoría:Linguas de Guinea-Bissau Categoría:Linguas de Malí Categoría:Linguas de Mauritania Categoría:Linguas de Níxer Categoría:Linguas de Nixeria Categoría:Linguas do Senegal