Pablo Feijoo Ugalde, nado en Donostia o 18 de maio de 1982, é un ex xogador de rugby, capitán das seleccións españolas de rugby a XV e VII, coas que debutou en 2002. É o sétimo xogador con máis encontros internacionais coa selección de XV, e o primeiro coa de VII. Participou nos Xogos Olímpicos de 2016. A súa posición no campo era a de medio de melé. De 2017 a 2022 foi nomeado seleccionador español de rugby a 7. O seu paí, Alfonso Feijoo, tamén foi xogador de rugby internacional, seleccionador e presidente da Federación Española.

Traxectoria a nivel de clubs A súa carreira en clubs transcorre entre Donostia, Madrid e Valladolid, cunha curta esperiencia en Inglaterra. Nos últimos anos adicouse principalmente á selección de VII, malia que tiña ficha nalgún club e xogaba nel de xeito ocasional. Así foi en Bera Bera e Cisneros. Tempada(s)ClubLigaResultados2000/01 Bera Bera RTPrimeira Nacional1º e ascenso2001/02 Bera Bera RTDivisión de Honra B4º 2002/03 CR CisnerosDivisión de Honra10º e descenso 2003/04 Bera Bera RTDivisión de Honra5º + Campións de Copa do Rei2004/05 Bera Bera RTDivisión de Honra3º2005/06 Bera Bera RTDivisión de Honra4º2006/07 Bera Bera RTDivisión de Honra5º2007/08 Waterloo RFCNational División Two10º2007/08 Leicester Tigers APremiership A5º Grupo Norte2008/09 CRC MadridDivisión de HonraCampións de Liga e Copa do Rei2009 Gatos de MadridLiga SuperibéricaCampións2009/10 CRC MadridDivisión de Honra5º2010/11 CR El SalvadorDivisión de Honra3º + Campións de Copa do Rei2011/12 CR El SalvadorDivisión de Honra7º2012/13 Bera Bera RTDivisión de Honra B7º2013/14 Bera Bera RTDivisión de Honra B1º + Promoción sen ascenso2014/15 CR CisnerosDivisión de Honra3º2015/16 CR CisnerosDivisión de Honra5º2016/17 Bera Bera RTDivisión de Honra B2º + Promoción sen ascenso

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Pablo Feijoo en statbunker.com Estatísticas de Pablo Feijoo en itsrugby.fr

Feijoo Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1982 Categoría:Xogadores de rugby a 7 olímpicos de España Categoría:Xogadores de rugby a 7 nos Xogos Olímpicos de 2016