O imperio do sol (en ) é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que se estreou en 1987. Baséase na novela de J.G. Ballard Empire of the Sun. Estreouse en galego na TVG o 21 de marzo de 2002.
Sinopse Cando, en decembro de 1941, o exército xaponés ocupa Shanghai, a privilexiada vida de James Graham, un neno inglés de clase alta, toca á súa fin. É separado dos seus pais e confinado nun campo de concentración próximo a un aeroporto militar xaponés. Nun ambiente dominado pola tristura e a miseria, verase obrigado a madurar prematuramente, e isto condicionará a súa visión do mundo.
Personaxes Christian Bale como Jamie "Jim" Graham John Malkovich como Basie Miranda Richardson como Mrs. Victor Nigel Havers como Dr. Rawlins
Galardóns e nomeamentos 1987: 6 nomeamentos ó Oscar (Dirección artística, fotografía, vestiario, banda sonora, montaxe e son). 1988: 3 Premios BAFTA: fotografía, banda sonora e son. 6 nomeamentos. 1987: Globos de Ouro: 2 nomeamentos: Mellor película (drama) e Banda sonora. 1987: National Board of Review: 3 Premios: Mellor filme, Director e actor mozo (Christian Bale).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en TCM Movie Database Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes rodados na China Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego