A nespereira europea (Mespilus germanica) é unha árbore froiteira que dá un froito chamado néspera. Malia ter un nome con referencia a Xermania, é orixinario de Asia Menor e o sueste de Europa, e foi levado a Alemaña polos romanos e de aí ao resto de Europa occidental. O cultivo da nespereira do Xapón (Eriobotrya japonica) foi aos poucos substituíndo a néspera europea, que xa non se atopa nos mercados.
Descrición A nespereira europea acada os 6 m de altura, malia que en óptimas condicións de cultivo pode superar os 8 m. Posúe unha copa baixa e estendida poboada de pólas tortas. Require climas temperados, con cálidos veráns e invernos macíos. Prefire exposicións asolladas, vexetando ben nos solos acedos e secos. Nestas condicións compórtase coma perennifolio, cunha expectativa de vida de entre 30 e 50 anos. As follas da nespereira europea son oblongas e longas (15 x 5 cm), elípticas e apuntadas con marxes dentados ou lisos. Adoitan ser pubescentes, verde brillante e lustrosas, aínda que en climas fríos tórnanse douradas polo outono.
thumb|left| Flor
Florea entre maio e xuño, ofrecendo flores solitarias de 5 pétalos, brancas ou rosadas. Os froitos, as nésperas, son globulares, van pasando do verde ao pardo amarelento ao madurar, acadando uns 2 ou 3 cm. Posúe un sabor agridoce e consómese directamente (se non está ben chegado é moi indixesto) ou en preparados a base de viño ou xeleas.
Historia A nespereira xa se cultivaba hai uns 3 000 anos na rexión do Mar Caspio. Contra o ano 700 a. C chegou a Grecia, espallándose por Roma arredor do ano 200 a. C., converténdose nunha importante cultura froiteira durante o Imperio romano e maila Idade Media. Na actualidade viuse naturalizado en case toda Europa e, en ocasións, atópase ventureiro, en cuxo caso é unha arboriña miúda e espiñenta. En Galicia hoxe non é común nin cultivado nin bravo, debido á substitución pola nespereira do Xapón.
Usos Ademais do seu carácter coma froiteira cómpre engadir a súa capacidade ornamental. A elegante copa aberta e mais a súa mesta ramallada de lustrosas e grandes follas convérteno nun fermoso elemento decorativo plantado só no céspede. Especialmente indicada para este uso é a variedade "Dutch", de menor rendemento froiteiro porén máis vizoso.
A madeira é a base para a fabricación do caxato tradicional vasco chamado makila, con cuxa entrega réndense honras ás personalidades.
Taxonomía Mespilus germanica foi descrita por Linneaus e publicado en Species Plantarum 1: 478, no ano 1753. en Trópicos Sinonimia Mespilus calicina Stokes, Bot. Mad. Med. 3: 107 (1812), nom. illeg. Mespilus communis Gueldenst., Reis. Russland 1: 419 (1787), nom. illeg. Mespilus domestica Gaterau, Descr. Pl. Montauban 92 (1789), nom. illeg. Pyrus germanica (L.) Hook. fil., Student Fl. Brit. Isl. 127 (1870) Crataegus germanica (L.) Kuntze, Revis. Gen. Pl. 1: 215 (1891) Ostinia mespilus Clairv., Man. Herbor. Suisse 162 (1811), nom. illeg. Crataegus mespilus Jess., Deutsche Excurs.-Fl. 395 (1879), nom. illeg. Mespilus vulgaris Rchb., Fl. Germ. Excurs. 630 (1832), nom. illeg. Mespilus germanica var. apirena Duhamel ex DC. in Lam. & DC., Fl. Franç. ed. 3 4(2): 435 (1805) Mespilus germanica var. diffusa Aiton, Hort. Kew. 2: 172 (1789) Mespilus germanica var. macrocarpa Duhamel ex DC. in Lam. & DC., Fl. Franç. ed. 3 4(2): 435 (1805) Mespilus germanica var. stricta Aiton, Hort. Kew. 2: 172 (1789) Mespilus germanica var. sylvestris Duhamel ex DC. in Lam. & DC., Fl. Franç. ed. 3 4(2): 434 (1805) Mespilus iberica Sennen & Elías in Sennen, Pl. Espagne 1923 n.° 4987 (1923-24), in sched. Mespilus sylvestris Mill., Gard. Dict. ed. 8. n.° 1 (1768) Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jørgensen, P. M. & C. Ulloa Ulloa. 1994. Seed plants of the high Andes of Ecuador---A checklist. AAU Rep. 34: 1–443. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Outros artigos Nespereira do Xapón
germanica Categoría:Árbores Categoría:Froiteiras