O título de Príncipe de Xirona provén da Coroa de Aragón, concretamente do ano 1351, en que o rei Pedro IV de Aragón nomeou o seu herdeiro e outorgoulle o título de Duque de Xirona, o cal abarcaba territorios dos condados de Xirona, Besalú, Empúries e Osona.
Actualmente o título de Princesa de Xirona é ostentado por Lionor de Borbón, tamén Princesa de Asturias e Viana, e herdeira á Coroa española.
Historia No volume I das Constitucións e outros dereitos de Cataluña (Constitucions i Altres Drets de Catalunya) dentro do apartado de xenealogía dos Reis de Aragón e Condes de Barcelona cítase que Xoán I de Aragón, fillo de Pedro IV de Aragón, tivo un fillo, Xaime, ao que concederon o título de Delfín de Xirona.
O 19 de febreiro do 1416, o rei Fernando I de Antequera considerou que o título de duque era insuficiente, e enalteceuno erixindo o Principado de Xirona.
O primeiro Príncipe de Xirona foi o futuro Afonso V de Aragón, por ser o herdeiro da Coroa de Aragón, quedando o título ligado á condición de herdeiro da Coroa de Aragón, e logo, cos Austria, á de España. Afonso V foi o único que asumiu o título, nunha cerimonia oficial celebrada en Zaragoza.
O título seguiu ligado á condición de herdeiro da Coroa de Aragón primeiro, e logo á de España ata a Guerra de Sucesión, por mor da cal, e en aplicación dos decretos de Nova Planta, o título deixa de ser utilizado polo herdeiro da Coroa de España.
Don Juan de Borbón, conde de Barcelona e Xefe da Casa Real Española no exilio, decide que o seu fillo Xoán Carlos utilice o título de Príncipe de Xirona no seu pasaporte. En 1961, no comunicado da Casa Real do Compromiso de Xoán Carlos de Borbón con Sofía de Grecia, noméase ao entón príncipe como Príncipe de Asturias, Xirona e Viana, recuperando así Don Juan a tradición dos Austria.
Lista de Duques, Delfíns e Príncipes de Xirona Casa de Aragón (1351 - 1410) Xoán: 1351 - 1387, Duque de Xirona Xaime: 1387 - 1388, Delfín de Xirona Pedro: 1394 - 1410, Duque de Xirona
Casa de Trastámara (1412 - 1516) Afonso: 1412 - 1416 Carlos: 1458 - 1461 Fernando: 1461 - 1479 Xoán: 1481 - 1497 Xoana: 1503 - 1516
Casa de Austria (1527 - 1665) Filipe: 1527 - 1556 Carlos: 1556 - 1568 Fernando: 1571 - 1578 Diego: 1578 - 1582 Filipe: 1582 - 1598 Filipe: 1605 - 1621 Baltasar Carlos: 1629 - 1646 Filipe Próspero: 1657 - 1661 Carlos: 1661 - 1665
Casa de Borbón (1941 - ) Xoán Carlos: 1941 - 1975 Filipe: 1977 - 2014 Lionor: 2014-
Véxase tamén Príncipe de Asturias Príncipe de Viana
Categoría:Coroa de Aragón Categoría:Xirona Xirona Xirona