A Constitución francesa de 1791 foi a primeira constitución escrita na historia francesa, promulgada pola Asemblea Nacional Constituínte o 3 de setembro de 1791 e aceptada por Lois XVI o 14.Pierre Armand Dufau, Jean Baptiste Duvergier, J. Guadet, Collection des constitutions, chartes et lois fondamentales des peuples de L'Europe et des deux Amériques: avec des précis offrant l'histoire des libertés et des institutions politiques chez les nations modernes; et une table alphabétique raisonnée des matier̀es, Volumen 1, París, 1832, tomo VI, páx. 132. Dixitalizado por Google. Contiña a reforma do Estado francés, quedando Francia configurada como unha monarquía constitucional.
A Constitución establece que a soberanía reside na nación e xa non no rei, que se titula "rei dos franceses". Proclama a liberdade de pensamento e de prensa, e a liberdade relixiosa. Suprime a nobreza e as distincións hereditarias, as ordes de cabalaría, as corporacións e gremios, e establece o libre acceso aos oficios e funcións que até aquelas se reservaban á nobreza ou se herdaban. O mantemento dos lugares de culto pasa a depender do Estado que remunerará os relixiosos.Véxanse introdución e Título I no texto da Constitución en "Ligazóns externas". miniatura|Aceptación da Constitución de 1791 (autoría descoñecida, século XVIII).
Garante a inviolabilidade da propiedade privada. Crea un servizo de instrución pública para prover os cidadáns cunha educación básica libre e de balde. Crea tamén un establecemento público de beneficencia para encargarse dos nenos orfos e coidar os discapacitados.
Instaura a división dos poderes executivos, lexislativos e xurídicos. A elaboración das leis correspondía a unha Asemblea Lexislativa. Votaba as leis, os impostos e declaraba a guerra, con aprobación do rei. O poder executivo quedaba en mans da monarquía, o rei tiña o poder de nomear e destituír os ministros. O poder xudicial outorgábaselle a uns tribunais independentes.
Declárase a igualdade dos cidadáns ante os impostos, que serán proporcionais ás propiedades e ingresos. O sistema fiscal tamén foi modificado: elimínanse os impostos indirectos e implántanse impostos directos, cunha cantidade que dependía da riqueza que se posuíra (xa foran terras, propiedades urbanas ou negocios industriais ou comerciais).
O sistema de elección dos deputados da Asemblea Lexislativa era o seguinte: clasificábanse os varóns franceses (as mulleres quedaron excluídas da cidadanía) en "cidadáns activos" (os que pagaban impostos directos equivalentes a 3 días de traballo, tiveran máis de 25 anos e residiran desde había máis dun ano na súa comarca) e "cidadáns pasivos" (quen non pagasen impostos). Só os "cidadáns activos" elixían os electores do seu departamento. Ditos electores eran quen escollían os deputados provinciais para a asemblea. En 1791, Francia contaba con 4 298 360 cidadáns activos que representaban o 61% dos homes e o 15% da poboación total.Jean Tulard, Jean-François Fayard & Alfred Fierro, Histoire et dictionnaire de la Révolution française. 1789-1799, ediciones Robert Laffont, colección «Bouquins», París, 1987, 1998, páxs. 650-651, ISBN 978-2-221-08850-0. Este tipo de elección denomínase censitaria (só poden votar os máis ricos) e indirecta, posto que os deputados non son votados directamente por todos os que teñen dereito a voto, senón a través dos seus representantes.
Preámbulo O preámbulo da constitución francesa de 1791 foi a Declaración dos dereitos do home e do cidadán:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Revolución francesa Asemblea Nacional Constituínte Lois XVI de Francia
Ligazóns externas
Texto integral da Constitución francesa de 1791 . Consultado o 13 de outubro de 2012.
Categoría:Constitucións Categoría:1791 Categoría:Política de Francia