John Wycliffe, nado en Hipswell, Yorkshire (Inglaterra) cara ao 1320 e finado en Lutterworth (Leicestershire) o 31 de decembro de 1384, foi un predicador, teólogo e filósofo escolástico inglés. Foi un dos primeiros disidentes da igrexa católica romana durante o século XIV.

Traxectoria Profesor na Universidade de Oxford, predicou contra o clero da época e propuxo unha serie de profundas reformas relixiosas inspiradas na Biblia. Os seus seguidores foron os lollardos, considerados precursores da Reforma protestante, opoñéndose mesmo á autoridade do Papa. Por este motivo, Wycliffe ten sido alcumado como a "Estrela da Mañá da Reforma". Tamén levou a cabo unhas das primeiras traducións da Biblia a unha lingua vernácula, en concreto ao inglés, completada en 1382 e coñecida co nome de Biblia de Wycliffe.

Véxase tamén Ligazóns externas John Wyclif's Political Philosophy, na Stanford Encyclopedia of Philosophy .

Categoría:Teólogos católicos Categoría:Filósofos de Inglaterra Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Nados en 1320 Categoría:Finados en 1384 Categoría:Nados en Yorkshire Norte Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Profesores da Universidade de Oxford