Steklovata (en ruso: Стекловата, Fibra de vidro) foi unha boy band ou banda xuvenil rusa creada no ano 1999. Os seus principais compoñentes eran Denís Belikin e Artur Ieremèiev. O seu produtor foi o compositor Serguei Kuznetsov.
Traxectoria Se ben gravaron tres discos de estudio, a banda non acadou moito éxito, principalmente a causa de non ter patrocinador. Porén, no 2002 conseguiron o maior número de reproducións nas radios estonianas.
Máis tarde, as súas cancións foron difundidas en YouTube como vídeos virais en clave de humor por mor da súa precaria produción. O vídeo máis coñecido desta banda é Novi God (Новый Год, Aninovo). En Cataluña acadaron moita fama grazas ó programa humorístico APM? da TV3, no que se empregaba o vídeo da actuación en ton de ironía e co tempo ficou como un clásico do programa.
Discografía 2001 Ldínkoi po steklú (Льдинкой по стеклу, 'Lambetadas na fiestra') 2002 Ostorojno - khrúpkoie (Осторожно - хрупкое, 'Atención - Fraxil') 2005 Spetsxkola (Спецшкола, 'Escola especial')
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Vídeo do tema Novi God (en YouTube)
Categoría:Grupos musicais de Rusia Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais formados en 1999 Categoría:Grupos musicais separados en 2009