Evansville é a terceira cidade máis grande do estado estadounidense de Indiana, e a maior de Southern Indiana. No censo do ano 2010 a cidade tiña unha poboación de 117.429 habitantes, e unha área metropolitana con 358.676. É a capital do condado de Vanderburgh é o principal centro de actividade rexional das áreas Southwestern Indiana e Illinois-Indiana-Kentucky Tri-State Area.

Establecida en 1812, a cidade está situada nun suave meandro en ferradura do río Ohio, e adoita a ser chamada "River City" (cidade do río).Unha das atraccións máis populres da rexión é o casino Aztar, o primeiro casino frotante do estado de Indiana. Evansville é tamén o fogar da University of Evansville e da University of Southern Indiana.

A ampla base económica da rexión contribuíu a construír unha economía coñecida pola súa estabilidade, diversidade e vitalidade. No ano 2004 Evansville foi nomeada unha "All-America City" pola organización National Civic League. No ano 2008 foi elixida a mellor cidade do país para "vivir, traballar e xogar" polos lectores da publicación Kiplinger, e un ano despois a 11ª mellorkiplinger.com - Best Cities -- Honorable Mention .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da cidade

Categoría:Cidades de Indiana