Antonio Denzio, nado en Venecia o 23 de setembro de 1689 e finado contra 1763, foi un impresario, tenor e libretista italiano.

Traxectoria Antonio Denzio naceu no seo dunha familia de músicos e ligada á ópera, comezando unha carreira principalmente como cantante ata 1724, cando viaxou a Bohemia como membro da compañía de ópera de Antonio Maria Peruzzi, prováblemente o seu tío. Peruzzi tiña a idea de levar a unha compañía de ópera italiana a Europa Central para actuar primeiramente en Praga, e logo en Dresden e Leipzig. A compañía dirixiuse primeiro a Bohemia baixo o padronazgo do Conde Franz Anton von Sporck, quen lles fixo actuar no seu pazo de Kuks, ao noroeste de Bohemia no verán de 1724. As actuacións tiveron moito éxito, o que permitiu á compañía tocar gratis no seu pazo de Praga. Tras unha serie de desacordos con Peruzzi, Denzio foi quen de suplantalo antes do final do ano 1724 e continuou con producións no pazo de Sporck ata 1735. Peruzzi marchou con algúns dos cantantes da Peruzzi-Denzio players para fundar a Ópera de Breslau. O teatro de ópera de Denzio no pazo de Sporck foi o primeiro teatro de ópera na cidade. As súas producións foron populares entre a nobreza bohemia ata 1729, logo disto, as finanzas de Denzio se deterioraron. O Conde Sporck non proporcionou axuda financeira á compañía agás o emprego gratuíto do seu teatro. A compañía declarouse en bancarrota e Denzio foi forzado a ingresar en prisión. Durante os seus mellores tempos, Denzio foi capaz de atraer alo menos a unha das principais estrelas do belcanto italiano a Praga cada tempada, sendo a máis destacada delas Margherita Gualandi, quen foi forzada a viaxar a Praga logo de ter sido vetada en Italia por mal comportamento. Denzio procurou a axuda de Antonio Vivaldi a atopar cantantes para a súa compañía, e o compositor envioulles música. A principios dos anos 1730, Vivaldi viaxou a Praga. Algunhas das partes da música para unha das súas óperas compostas para Praga, Argippo, foron redescubertas recentemente.

Illado como estaba da súa base en Venecia, Denzio foi obrigado a converterse nun home para todo: cantaba nas producións da súa compañía e tamén se prodigou como poeta. Denzio escribiu algúns libretos longos, sendo o máis significativo La pravità castigata (1730), a ópera máis temperá baseada no Don Juan que empregou organización e personaxes orixinais.

Logo dun breve retorno a Venecia en 1735, Denzio tentou crear outra vez compañías de ópera en Europa do Norte, incluíndo Bruxelas e Augsburgo. Desafortunadamente, tódolos intentos fracasaron. A súa última aparición nos chega dun anuncio nun xornal de Moscova en 1763.

Véxase tamén

Bibliografía Freeman, Daniel E. The Opera Theater of Count Franz Anton von Sporck in Prague. Stuyvesant, Nova York: Pendragon Press, 1992. Jonášová, Milada. "I Denzio: tre generazioni di musicisti a Venezia e a Praga. Hudební věda 45 (2008): 57-114.

Categoría:Tenores de Italia Categoría:Poetas de Italia Categoría:Libretistas Categoría:Nados en 1689 Categoría:Nados en Venecia