Gustav Machatý, nado en Praga (Imperio Austrohúngaro) o 9 de maio de 1901 e finado en Múnic (Alemaña Occidental) o 14 de decembro de 1963, foi un director de cine, guionista e actor checo.

Dirixiu 17 filmes entre 1919 e 1955, incluído Ecstasy (1933), con Hedy Lamarr. Tamén creou os guións doutras 10 películas entre 1920 e 1955. Logo da segunda guerra mundial emigrou a Múnic e traballou como profesor nunha escola de cinema.

Filmes Ano Título 1919 Teddy by kouril 1927 Kreutzerova sonáta (Kreutzer Sonata) 1927 Svejk v civilu 1928 Schwejk in Zivil 1929 Erotikon 1931 From Saturday to Sunday 1931 Naceradec, král kibicu 1933 Ecstasy 1934 Nocturno 1936 Ballerine 1937 The Good Earth (sen acreditar) 1937 Madame X (sen acreditar) 1937 Conquest (sen acreditar) 1937 Born Reckless (sen acreditar) 1938 The Wrong Way Out 1939 Within the Law 1945 Jealousy 1955 Suchkind 312

Categoría:Directores de cinema da República Checa Categoría:Nados en Praga Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1963