New York Stock Exchange (ou Bolsa de Valores de Nova York), cuxa sigla é NYSE, é a bolsa de valores de Nova York, tamén coñecida como Dow Jones. Está localizada en Manhattan, na rúa Wall Street. Historia A New York Stock Exchange foi fundada en 1792 cando 24 corredores e comerciantes asinaron o Acordo de Buttonwood baixo unha árbore Platanus en Wall Street.http://financial-consulting.pro/en/nyse

A través dos anos, a bolsa experimentou numerosos cambios e expansións, incluíndo a introdución de tecnoloxías de negociación electrónica, cambiando a maneira na que se negocian as accións. Durante o século XIX e principios do XX, a bolsa acompañou o grande crecemento da economía industrial estadounidense, facilitando capital para as grandes empresas.

Ao longo do século XX, a NYSE fusionouse con outras bolsas; entre elas Euronext en 2007, creando a primeira bolsa transatlántica, conectando mercados financeiros de Europa e Estados Unidos nunha mesma entidade corporativa.

Hoxe é a máis famosa institución financeira de Nova York. É considerada a maior bolsa de valores por capitalización de mercado nos EUA e posibelmente a máis influente do mundo. miniatura|A Bolsa de Valores de Nova York ou New York Stock Exchange.|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos NASDAQ

Ligazóns externas NYSE.com Páxina oficial con cotacións en tempo real.

Categoría:Economía Categoría:Manhattan