Sannoava foi unha divindade dos galaicos, vinculada a tradición céltica centro europea. É unha divindade asociada cunha fonte ou río segundo a inscrición achada en Campañó (Pontevedra).

Etimoloxía Sannoava provén de sanwáwa, é dicir de "snwo" (que significa "torcer, volver, torcerse axiña") cun sufixo -awal/-awa ("auga"). Sannoava sería literalmente un "torrente". A derivación de formas por medio do sufixo indoeuropeo -awa, -awos está ben documentado en gran número de ríos e lugares celtas e non celtas.Prósper, Blanca (2002:171).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Deuses galaicos

Categoría:Deuses celtas Categoría:Deuses galaicos