Knut Nærum, nado o 3 de marzo de 1961, é un actor, cómico, autor de banda deseñada e presentador de televisión noruegués. É coñecido por ser un dos participantes permanentes no programa de televisión Nytt på nytt e por aparecer no filme Trolljegeren. Vive na cidade de Oslo.
Nærum escribiu numerosos libros, incluíndo Å (2000), Norsk litteraturhistorie, fritt etter hukommelsen (2001), Døde menn går på ski (2002), Krig! (2003), En himmel full av stjerner (2004), Madonna-gåten (2005, xunto con Elisabeth Botterli e Peder Udnæs), Monster (2007) e De dødes båt (2008). Tamén é o creador da tira cómica Bloid.
É membro do partido político de esquerdas Rødt (Traducido como "vermello"), e quedou como candidato menor da desaparecida Alianza Electoral Vermella.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema de Noruega Categoría:Nados no condado de Østfold Categoría:Nados en 1961 Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Políticos de Noruega Categoría:Humoristas de Noruega