James Steven Ignatius "Jim" Corr, nado o 31 de xullo de 1964 en Dundalk, Condado de Louth, é un músico, cantante e compositor irlandés. É principalmente coñecido por ter sido o guitarrista do grupo The Corrs, que formaba xunto coas súas irmás Andrea Corr, Sharon Corr e Caroline Corr.
No 2005 foi galardoado, ó igual que as súas irmás, co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, dedica o seu tempo como membro do 9/11 Truth Movement e fai publicacións na súa web sobre a teoría da Nova Orde Mundial.
Discografía Álbums de estudio Ano Título 1995 Forgiven, Not Forgotten 1997 Talk on Corners 2000 In Blue 2004 Borrowed Heaven 2005 Home
Álbums recompilatorios Ano Título 2001 Best of The Corrs 2006 Dreams: The Ultimate Corrs Collection 2007 The Works 2011 Original Album Series
Álbums ao vivo Ano Título 1997 The Corrs – Live 1999 The Corrs Unplugged 2002 VH1 Presents: The Corrs, Live in Dublin
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Jim Corr Páxina oficial de The Corrs
Categoría:Membros de The Corrs Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Dundalk Categoría:Guitarristas de Irlanda Categoría:Teclistas Categoría:Pianistas de Irlanda