O termo reflexión pode ter distintos significados:

En óptica, refírese ó fenómeno polo cal un raio de luz que incide sobre unha superficie é reflectido. O ángulo coa normal a esa superficie que forman os raios incidente e reflectido son iguais. Prodúcese tamén un fenómeno de absorción diferencial na superficie, polo cal a enerxía e espectro do raio reflectido non coinciden coa do incidente. Para unha explicación máis detallada véxase radiación electromagnética. Véxase Reflexión (física). En mecánica ondulatoria e acústica, hai un fenómeno idéntico ó da reflexión óptica. Neste caso, o que se absorbe e/ou reflicte, xa non é luz, senón ondas. Ver: Reflexión (son). En xeometría, é o proceso de trasladar ou copiar tódolos puntos dunha figura a outra posición equidistante dunha recta denominada eixo de simetría. O resultado final é unha imaxe especular da orixinal. Ver: Reflexión (matemáticas) Simetría por reflexión. Simetría axial En filosofía, refírese ó proceso de meditar.

Categoría:Xeometría Categoría:Conceptos filosóficos Categoría:Óptica Categoría:Mecánica ondulatoria