O termo Pía pode referirse a:
Pía, recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, bacía, barquela, conco, maseira: Pía megalítica, baleirado xeométrico realizado nun penedo da Idade de Ferro; Pía do bautizo, pía onde se bautizan os nenos nas igrexas; Pía da auga bieita, pía preto da porta das igrexas onde fica auga bendita; Nome de pía, antropónimo, nome de persoa; Pía xeolóxica, (en inglés gnamma pit ou panhole) son pías que aparecen nas rochas, normalmente granitos ou arenitas, e que reteñen auga, producíndose meteorización; Pía, conxunto de cousas postas unhas enriba das outras, ou cantidade de calquera cousa agrupada formando un monte. Por extensión, gran cantidade ou número de algo, montón, morea; Pía, inclinación que se ten cara a unha persoa ou cousa, apego; Pía, burato onde se apoia o mastro das embarcacións; Pía, peza de seixo ou metal que vai encaixada na mesa do muíño e que permite que o ovo vire sobre dela, ra, xoga.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza A Pía, lugar da parroquia de Moreira, no concello da Estrada; A Pía, lugar da parroquia de Noceda, no concello das Nogais; A Pía, lugar da parroquia de Andrade, no concello de Pontedeume; A Pía, lugar da parroquia de Bolmente, no concello de Sober; A Pía, lugar da parroquia de Ourille, no concello de Verea; A Pía, lugar da parroquia de Lousada, no concello de Xermade; A Pía do Rei, lugar da parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños; Fonte da Pía, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; A Obra Pía, lugar da parroquia de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros; A Porta da Pía, lugar da parroquia de Vilarrube, no concello de Valdoviño; O Rego da Pía, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro, no concello do Valadouro.
Amais, como apelido, pode referirse a:
Pía, un apelido galego.
Véxase tamén Outros artigos
Porta Pía, construción de Michelangelo que se abre na antiga Muralla Aureliana da cidade de Roma, en Italia.