thumb|Vista do cárcere dende a N-634. O centro penal de Teixeiro é un cárcere situado no lugar de Paradela, preto da vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña. É un dos cinco centros penais que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso e o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar).
Entrou en servizo en 1998 e custou 7853 millóns de pesetas. Está situado nunha parcela de 343 000 m², con 86 430 m² construídos. O centro foi construído pola UTE de Ferrovial e deseñado polo arquitecto Francisco María Martín Carrero.Centro Penitenciario de Teixeiro - A Coruña
Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1782 presos e presas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Teixeiro Categoría:Curtis