Emancipación foi un periódico editado en Pontevedra entre 1902 e 1903.
Historia e características Subtitulado Periódico quincenal. Órgano de la Federación Local de Trabajadores y Sociedades Agrícolas, apareceu en Pontevedra en setembro de 1902. De ideoloxía socialista, reflectiu o devir da experiencia de actuación unitaria do obreirismo co agrarismo das terras circundantes. Estaba dirixido por Francisco López. Informou das folgas que se sucedían naquela época en todo o país. Desapareceu non antes de febreiro de 1903.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos La Emancipación Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa socialista Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1902 en Galicia