O Partido Constitucional foi unha agrupación política que estivo activa na España de fins do século XIX, que durante a Revolución de setembro tamén levou o nome de Partido Conservador.Palomas (2002), p. 222

Historia e características Formouse en 1871, logo da escisión dos progresistas que seguiu á morte do xeneral Prim. O Partido Constitucional formou o núcleo do Partido Liberal da época da Restauración ao conseguir xuntar a banda dereita do Partido Progresista e varios escindidos da Unión Liberal, que se organizaron baixo a xefatura do xeneral Serrano e de Sagasta.

O Partido Constitucional alternou no poder co Partido Radical durante o breve reinado de Amadeu I. Durante o ano 1874, o Partido Constitucional tivo ao seu cargo boa parte da responsabilidade do goberno.

En maio de 1875, o Partido Constitucional dividiuse: os conducidos por Manuel Alonso Martínez ofrecéronlle colaboración a Cánovas na elaboración do texto constitucional, mentres que o resto do partido seguiu defendendo a vixencia da Constitución de 1869, expresión das conquistas liberais do ano anterior.Avilés Farré (2002), p. 51

En 1880, os constitucionais uníronse a algunhas destacadas personalidades políticas e formaron o Partido Liberal Fusionista, baixo o liderado de Sagasta.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas El Partido Liberal en el siglo XIX

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Historia de España do século XIX