O Tour de Francia 2005 foi a 92ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 2 de xullo na localidade de Fromentine (departamento de Vendée) e rematou o 23 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 155. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba, cunha salientable actuación, xa que ámbolos dous foron quen de gañar unha etapa.El español Óscar Pereiro gana la decimosexta etapa del Tour Marcos Serrano gana tras una escapada la decimoctava etapa del Tour
A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo Discovery Channel, quen xa gañara as 6 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso, ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden, e ó casaco Alexander Vinocurov.
Lance Armstrong colleu o maillot amarelo na cuarta etapa, unha contra o reloxo por equipos de 67'5 quilómetros, e xa non o deixou até a meta de París salvo por un día que o colleu o alemán Jens Voigt. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Ivan Basso e Jan Ullrich.
No ano 2012, como consecuencia das investigacións realizadas na Operación Puerto, a Jan Ullrich fóronlle retirados tódolos resultados deportivos obtidos a partir de maio do ano 2005, acusado de realizar prácticas prohibidas para mellorar a súa condición física, como transfusións de sangue.TAS: Ullrich, culpable de dopaje y sancionado dos años Tamén no ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.La UCI deja vacantes los siete Tours de Armstrong y quiere “dar la vuelta a este doloroso episodio” A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo David Zabriskie, George Hincapie e Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2005 do Tour de Francia quedou sen gañador, e o 3º posto pasou a estar ocupado polo español Francisco Mancebo, que rematara 4º na clasificación xeral.
Etapas 180px|miniatura|dereita|Lance Armstrong levou o maillot amarelo en 16 das 21 etapas. Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1ª 2 de xullo Fromentine-Noirmoutier-en-l'Île 19 (CRI) David Zabriskie David Zabriskie 2ª 3 de xullo Challans-Les Essarts 182 Tom Boonen David Zabriskie 3ª 4 de xullo La Châtaigneraie-Tours 208 Tom Boonen David Zabriskie 4ª 5 de xullo Tours-Blois 67,5 (CRE) Discovery Channel Lance Armstrong 5ª 6 de xullo Chambord-Montargis 179 Robbie McEwen Lance Armstrong 6ª 7 de xullo Troyes-Nancy 187 Lorenzo Bernucci Lance Armstrong 7ª 8 de xullo Lunéville- Karlsruhe 225 Robbie McEwen Lance Armstrong 8ª 9 de xullo Pforzheim-Gérardmer 235 Pieter Weening Lance Armstrong 9º 10 de xullo Gérardmer-Mulhouse 170 Michael Rasmussen Jens Voigt 10ª 12 de xullo Grenoble-Courchevel 192 Alejandro Valverde Lance Armstrong 11ª 13 de xullo Courchevel-Briançon 173 Alexander Vinokourov Lance Armstrong 12ª 14 de xullo Briançon-Digne-les-Bains 187 David Moncoutié Lance Armstrong 13ª 15 de xullo Miramas-Montpellier 162 Robbie McEwen Lance Armstrong 14ª 16 de xullo Agde-Ax-3 Domaines 220 Georg Totschnig Lance Armstrong 15ª 17 de xullo Lézat-sur-Lèze-Saint-Lary-Soulan 205 George Hincapie Lance Armstrong 16ª 19 de xullo Mourenx-Pau 177 Óscar Pereiro Lance Armstrong 17ª 20 de xullo Pau-Revel 239 Paolo Savoldelli Lance Armstrong 18ª 21 de xullo Albi-Mende 189 Marcos Serrano Lance Armstrong 19ª 22 de xullo Issoire-Le Puy-en-Velay 154 Giuseppe Guerini Lance Armstrong 20ª 23 de xullo Saint-Étienne-Saint-Étienne 55 (CRI) Lance Armstrong Lance Armstrong 21ª 24 de xullo Corbeil-Essonnes-París 160 Alexander Vinokourov Lance Armstrong
Clasificación xeral Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2005 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong, Jan Ullrich e Levi Leipheimer. miniatura|250px|Óscar Pereiro, gañador da 16ª etapa en Pau, rematou 9º na xeral PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Vacante - - Desc. Lance Armstrong Discobery Channel 86h 15' 02" 2 Ivan Basso Team CSC + 4' 40" Desc. Jan Ullrich T-Mobile + 6' 21" 3 Francisco Mancebo Illes Balears + 9' 59" 4 Alexander Vinocurov T-Mobile + 11' 01" Desc. Levi Leipheimer Gerolsteiner + 11' 21" 6 Michael Rasmussen Rabobank + 11' 33" 7 Cadel Evans Davitamon-Lotto + 11' 55" 8 Floyd Landis Phonak + 12' 44" 9 Óscar Pereiro Phonak + 16' 04" 10 Christophe Moureau Crédit Agricole + 16' 26" 39 Marcos Serrano Liberty Seguros + 1h 21' 31"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Presentación do Tour de Francia 2005 Páxina oficial do Tour de Francia
Categoría:Ciclismo en 2005 Categoría:Tour de Francia