miniatura|Parque na cidade de Goiânia. Goiânia é a capital do estado brasileiro de Goiás. É unha cidade planeada: foi a primeira cidade brasileira planeada no século XX, e inaugurada en 20 de novembro de 1935, dois anos despois do inicio da súa construción, para substituír a entón capital de Goiás, a cidade colonial de Goiás, o que ocorreu en 1937. Sitúase a 209 km de Brasilia, a tamén planeada capital brasileira, e a 936 km da cidade de São Paulo e 1338 km do Río de Xaneiro.

A súa rexión metropolitana ten máis 10 municipios e uns 1,8 millóns de habitantes. As súas construcións máis antigas (da década de 1930) seguen o estilo art déco e na actualidade forman parte do patrimonio histórico da cidade. O seu centro tamén posúe avenidas largas e arborizadas, como a Avenida Goiás, que chega ata a Praza Cívica, sede do goberno do Estado. A cidade ten centros culturais, esportivos, bibliotecas, museos, e parques, como o Bosque dos Buritis, próximo o centro. As prazas do centro ten moitos canteiros de flores, que tornan a paisaxe agradábel a quen visita a cidade.

miniatura|esquerda|Goiânia, capital de Goiás, no Brasil. Goiânia é sede da Universidade Federal de Goiás e ten un expresivo comercio, varios bancos, centros comerciais, cinemas, e servizos dunha grande capital.

miniatura|esquerda|750px|Skyline de Goiânia, 2006

Demografía

Véxase tamén

Ligazóns externas Prefeitura Municipal de Goiânia Informacións turísticas de Goiânia O Popular Xornal da cidade de Goiânia

Goiania