Ángel Santos Touza, nado en Marín o 14 de novembro de 1976, é un cineasta galego.

Traxectoria Tras licenciarse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2000 marchou a Barcelona para realizar un curso de guión, comezando a traballar en curtametraxes do Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya en distintos apartados técnicos (produción, son, realización, guión...). Nese centro obtivo no ano 2003 a diplomatura en Dirección Cinematográfica.

Colaborou como redactor na revista dixital Miradas de Cine. Impartiu cursos de cine dentro do proxecto Cinema en Curso (A bao a qu).

En 2023 conseguiu un histórico triunfo no Festival de Cans, gañando catro dos principais galardóns pola súa curtametraxe Alicia fai cousas (Mellor Curtametraxe de Ficción, Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Protagonista Feminina).

Filmografía Como director A. (curtametraxe, 2002) Septiembre (Los amores jóvenes) (curtametraxe, 2004) O cazador (curtametraxe, 2008) Sara y Juan (Los amores jóvenes) (curtametraxe, 2009) Dous fragmentos / Eva (2010) Pantasmas 1 (curtametraxe, 2010) Adolescentes (2012) Pantasmas 2 (curtametraxe, 2012) Las altas presiones (2014) M. (curtametraxe, 2017) Así vendrá la noche (curtametraxe, 2021) Alicia fai cousas (curtametraxe, 2023) Así chegou a noite (2025)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do cineasta

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela