Eyehategod (tamén abreviada como EHG) é unha banda estadounidense de sludge metal formada en Nova Orleáns (Luisiana) en 1988. Converteuse nunha das bandas máis cooñecidas que emerxeron da escena musical da súa cidade. Ao longo dos anos o núcleo da formación mantívose dentro da banda, coa excepción do seu baixista, un posto por onde pasaron varios músicos.
Eyehategod destacou a Melvins, Carnivore, The Obsessed, Discharge, Black Flag, Corrosion of Conformity, Black Sabbath, Celtic Frost, Confessor e Saint Vitus como as principais influencias do seu son. Riffs de guitarra pesados, desafinados e bliseiros dominan a discografía da banda. Os seus discos foron editados a través do selo Century Media Records, aínda que o seu álbum máis recente apareceu con Emetic Records.
Discografía Álbum Ano Selo In the Name of Suffering 1992 Intellectual Convulsion, Century Media Take as Needed for Pain 1993 Century Media Dopesick 1996 Century Media Confederacy of Ruined Lives 2000 Century Media Eyehategod 2014 Housecore, Century Media
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Luisiana Categoría:Grupos musicais de sludge metal Categoría:Grupos musicais formados en 1988