Das Cabinet des Dr. Caligari é un filme alemán mudo e de terror, dirixido por Robert Wiene e escrito por Hans Janowitz e Carl Mayer que se estreou en 1920. É un dos máis influentes filmes do expresionismo alemán e un dos mellores filmes de terror do cine mudo. O guión está inspirado en varias experiencias vividas por Janowitz e Mayer, ámbolos dous pacifistas que desconfiaban da autoridade despois das súas experiencias vividas durante a primeira guerra mundial.

Sinopse Sentado no banco dun parque, Francis anima ó seu compañeiro Alan para que vaian a Holstenwall, unha cidade do norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empregado municipal que lle nega ó doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ó día seguinte. Francis e Alan acoden a ver ó doutor Caligari e a Cesare, a súa atracción somnámbula, que lle anuncia a Alan o seu porvir: morrerá ó día seguinte.

Personaxes Werner Krauss como Dr. Caligari Conrad Veidt como Cesare Friedrich Fehér como Francis Lil Dagover como Jane Olsen Hans Heinrich von Twardowski como Alan Rudolf Lettinger como Dr. Olsen

Sen creditar Rudolf Klein-Rogge como Criminal Hans Lanser-Rudolf como Home vello Henri Peters-Arnolds como Doutor novo Ludwig Rex como Asasino Elsa Wagner como Propietaria

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1920 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Babelsberg Studio Categoría:Filmes de científicos tolos