miniatura|Entrada ó cemiterio. O Cemiterio municipal de Boisaca é o principal cemiterio do concello de Santiago de Compostela, con 66.000 metros cadrados e unhas 12.000 prazas entre sepulturas (8.659), nichos (2.433) e panteóns (168).Presión demográfica en Boisaca , artigo do 8 de decembro de 2008 en El Correo Gallego. Está situado no lugar de Boisaca, ó norte da cidade, a carón do Polígono industrial do Tambre e da estrada N-550.
O lugar foi escenario de varios fusilamentos durante os primeiros meses da Guerra Civil españolaPáxina 563 do libro "Historia de la ciudad de Santiago de Compostela". , polo cal existe un recordo nun dos muros do cemiterio en homenaxe ós executados, con varias placas dos concellos de Santiago de Compostela e de Ordes.
Personaxes ilustres Entre os persoeiros enterrados no cemiterio atópanse: Aurelio Aguirre (1833–1858), poeta. Simeón García de la Riva (1823–1889), empresario e banqueiro. José Piñeiro González (1878–1927), aviador. Roberto Nóvoa (1885–1933), médico e pensador. Ramón María del Valle-Inclán (1866–1936), escritor. Xoán Xesús González (1895–1936), mestre, xornalista, avogado, escritor e político. Modesto Pasín Noya (1903–1936), sindicalista e político, fillo de José Pasín Romero. Pablo Pérez Costanti (1857–1938), arquiveiro e escritor. José Pasín Romero (1878–1960), sindicalista e político. As dúas Marías (1980 e 1983), populares veciñas de Santiago. Ricardo Carballo Calero (1910–1990), filólogo e escritor. Gumersindo Costoia Gómez (1911/1912–1994), líder do Partido Comunista Obreiro Español e candidato a deputado nas eleccións xerais de 1982. Antón Fraguas (1905–1999), historiador e antropólogo. Roberto Vidal Bolaño (1950–2002), autor, director e actor de teatro. Domingo García-Sabell (1909–2003), médico, escritor, político e académico. Isaac Díaz Pardo (1920–2012), intelectual, artista e empresario. Antonio Bermúdez Vidán (1947–2016), banqueiro e xornalista deportivo. Xerardo Fernández Albor (1917–2018), presidente da Xunta de Galicia.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Información na web do Concello de Santiago de Compostela. Regulamento do cemiterio municipal de Santiago de Compostela.
Boisaca Categoría:Arquitectura relixiosa en Santiago de Compostela