Adolfo Calzado Sanjurjo, nado en Bordeos cara a 1840 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1909, foi un banqueiro, xornalista e político galego.
Traxectoria Nado en Bordeos, onde estaban accidentalmente os seus pais, pasou a súa infancia en Sevilla onde estudou no colexio de Alberto Lista. Completou os seus estudos en Londres. Regresou a Vigo, onde se establecera a súa nai e alí publicou en El Miño a súa novela Alternativas. Marchou a Madrid onde se dedicou ao xornalismo e a literatura. Despois marchou a París, para dirixir co seu pai o Teatro italiano. Despois dedicouse aos negocios na bolsa e na banca francesa. Foi presidente do consello de administración da Sociedad General de Anuncios de Madrid. Amigo de Emilio Castelar, foi elixido deputado no Congreso polo distrito de Les Borges Blanques (1886 e 1893) como posibilista e polo de Balaguer (1898) como liberal. Foi elixido senador por Lleida en 1901. En París editou o periódico Los Fondos Públicos (1879-1882) de carácter político, literario e económico, e publicou os libros La crisis de la Bolsa (1882) e España renaciente (1888). Tamén colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Foi coleccionista de arte.
Vida persoal
Foi pai de Álvaro Calzado. Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1909