O Tour de Francia 2004 foi a 91ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 3 de xullo na cidade belga de Liexa e rematou o 25 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 147. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba.
A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo US Postal, quen xa gañara as 5 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso e ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden.
Thomas Voeckler vestiu o maillot amarelo durante 10 etapas, ata a chegada dos Alpes, nos que Lance Armstrong colleu o liderado da carreira definitivamente. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Andreas Kloden e Ivan Basso.
No ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.La UCI deja vacantes los siete Tours de Armstrong y quiere “dar la vuelta a este doloroso episodio” A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo, entre eles o 9º clasificado, Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2004 do Tour de Francia quedou sen gañador.
Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder Prólogo 3 de xullo Liexa-Liexa 6,1 (CRI) Fabian Cancellara Fabian Cancellara 1.ª 4 de xullo Liexa-Charleroi 202 Jaan Kirsipuu Fabian Cancellara 2.ª 5 de xullo Charleroi-Namur 197 Robbie McEwen Thor Hushovd 3.ª 6 de xullo Waterloo-Wasquehal 210 Jean-Patrick Nazon Robbie McEwen 4.ª 7 de xullo Cambrai-Arras 64 (CRE) US Postal Lance Armstrong 5.ª 8 de xullo Amiens-Chartres 200 Stuart O'Grady Thomas Voeckler 6.ª 9 de xullo Bonneval-Angers 196 Tom Boonen Thomas Voeckler 7.ª 10 de xullo Châteaubriant-Saint-Brieuc 204 Filippo Pozzato Thomas Voeckler 8.ª 11 de xullo Lamballe-Quimper 168 Thor Hushovd Thomas Voeckler 9.ª 13 de xullo St-Léonard-Guéret 160 Robbie McEwen Thomas Voeckler 10.ª 14 de xullo Limoges-Saint-Flour 237 Richard Virenque Thomas Voeckler 11.ª 15 de xullo Saint-Flour-Figeac 164 David Moncoutié Thomas Voeckler 12.ª 16 de xullo Castelsarrasin-La Mongie 16px|Etapa de montaña 197 Ivan Basso Thomas Voeckler 13.ª 17 de xullo Lannemezan-Plateau de Beille 16px|Etapa de montaña 205 Lance Armstrong Sen gañador Thomas Voeckler 14.ª 18 de xullo Carcasona-Nîmes 192 Aitor González Thomas Voeckler 15.ª 20 de xullo Valréas-Villard-de-Lans 16px|Etapa de montaña 180 Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong 16.ª 21 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Alpe d'Huez 16px|Etapa de montaña 15 (CRI) Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong 17.ª 22 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Le Grand Bornand 16px|Etapa de montaña204 Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong 18.ª 23 de xullo Annemasse-Lons-le-Saunier 166 Juan Miguel Mercado Lance Armstrong 19.ª 24 de xullo Besançon-Besançon 55 (CRI) Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong 20.ª 25 de xullo Montereau-París 163 Tom Boonen Lance Armstrong
Clasificación xeral Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2004 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong e Levi Leipheimer en 2012. 300px|miniatura|dereita|Lance Armstrong e Ivan Basso subindo ao Tourmalet na 12ª etapa. PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Vacante - - Desc. Lance Armstrong US Postal 83h 36' 02" 2 Andreas Kloden T-Mobile + 6' 19" 3 Ivan Basso Team CSC + 6' 40" 4 Jan Ullrich T-Mobile + 8' 50" 5 José Azevedo US Postal + 14' 30" 6 Francisco Mancebo Illes Balears + 18' 01" 7 Georg Totschnig Gerolsteiner + 18' 27" 8 Carlos Sastre Team CSC + 19' 51" Desc. Levi Leipheimer Rabobank + 20' 12" 10 Óscar Pereiro Phonak + 22' 54" 54 Marcos Serrano Liberty Seguros + 1h 42' 53"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Tour de Francia Clasificación xeral da carreira antes das eliminacións
Categoría:Ciclismo en 2004 Categoría:Tour de Francia