Pablo González Couñago, nado en Redondela o 9 de agosto de 1979, é un futbolista galego que xogou como dianteiro. Foi campión do Mundial sub-20 de 1999, onde conseguiu ademais a Bota de OuroInformación sobre Pablo Couñago en transfermarkt.co.uk ..
Traxectoria Couñago formouse na canteira do Celta de Vigo, pasando a xogar no Celta de Vigo B en 1997. Ao rematar a tempada, foi convocado por Iñaki Sáez para disputar o Mundial sub-20 de Nixeria xunto con Aranzubía, Marchena, Xavi Hernández e Iker Casillas, entre outros. O combinado español proclamouse campión logo de vencer na final ó Xapón por 4-0, sendo Couñago o máximo goleador con 5 goles e 2 asistencias, polo que lle foi concedida a Bota de OuroNigeria 1999: Por fin un título para España. Artigo onde se rememora a vitoria en fifa.com ..
Tras conseguir a vitoria no mundial e convertido nunha xove promesa, marchou cedido ao Numancia, onde tan só fixo un gol en 13 partidos, polo que non foi renovado por este equipo e o Celta cedeuno de novo, esta vez ao Recreativo de Huelva, onde contou con máis oportunidades, pero non as aproveitou, pois tan só acadou catro goles nos 25 partidos nos que interveu.
Na tempada 2000-2001 debutou por fin coa camisola celeste ante o Alavés en Balaídos nun partido de liga de primeira división, entrando en substitución de Gustavo López. No resto da tempada xogaría nun total de 8 partidos, saíndo sempre como suplente a falta de poucos minutos para o remate do partido.
A falta de oportunidades no equipo vigués lévano a abandonar a liga española e fichar polo Ipswich Town FC da segunda división inglesa. Nesta nova etapa volve reivindicarse como goleador e marca máis de 40 goles en catro tempadas, volvéndose un dos mellores xogadores da categoría.
En 2005 volve a España para vestir a zamarra do Málaga CF na Primeira División e cumpre coas expectativas, malia non conseguir grandes rexistros, ao marcar 10 goles. A súa etapa no club albiceleste remata en xuño de 2007 ao descender este club á Segunda División Española. Volve entón a Inglaterra, de novo ao Ipswich Town FC e, posteriormente, xoga no Crystal Palace ata 2011.
En marzo de 2012 emprende a súa andaina asiática ao desexar coñecer outra cultura futbolística, xogando uns meses en Vietnam, no Đồng Tâm Long An F.C., co que marcou cinco goles en dez partidos e proclamouse campión de liga da Primeira División de Vietnam, ascendendo á V-LeagueA pesar de chamarse Primeira División en realidade é a segunda categoría, inmediatamente inferior á V-League.. Con todo, decidiu abandonar ese país por ter unha forma moi diferente de traballar, a cal afectaba a súa vida familiarBota de ouro busca equipo .. Tras pasar unhas semanas sen equipo adestrando co Club Deportivo Choco (Preferente Sur), e logo de contactar con varios clubs, entre eles o CD Lugo, fichou finalmente polo Kitchee de Hong Kong onde tamén xogan outros galegos como Dani Cancela, Yago González e "O chinés" Losada, ás ordes do adestrador catalán Josep Gombau. Debutou neste equipo saíndo dende o banco na última media hora no partido contra o Yokohama, vencendo por 4-1Pablo Couñago "Quero descubrir outro fútbol" ..
Antes de comezar a temapada 2013/14 regresa a Galiza, comezando a adestrar co CD Choco mentres buscaba ofertas que lle interesaran, ao non atopar ningunha boa opción comprometeuse co equipo de Redondela, que disputaba a súa primeira tempada na Terceira División Española despois de case 30 anos en categoría autonómicahttp://www.marca.com/2013/11/23/futbol/mas_futbol/1385165749.html.
Clubs ClubPaísAnoReal Club Celta de Vigo B1997-1998CD Numancia (Cedido)1998-1999Recreativo de Huelva (Cedido)1999-2000Real Club Celta2000-2001 Ipswich Town2001-2005Málaga CF2005-2007Ipswich Town2007-2010Crystal Palace FC2010-2011Đồng Tâm Long An F.C.2012Kitchee SC2012-2013CD Choco2013-2014Honka FC2014-2015PK-35 Vantaa2015-2016Alondras CF2016-2017
Selección Couñago xogou nas categorías inferiores da Selección Española, participando en tres competicións: o Mundial sub-20 de Nixeria 1999 (sendo campión e Bota de Ouro) e as Eurocopas sub-21 de Eslovaquia 2000 e Suíza 2002. Ademais é o xogador que máis partidos disputou coa sub-20 con 13 partidosRanking de partidos xogados coa selección española sub-20 .. Tamén participou en dous partidos de carácter amigable da Selección Galega, contra Ecuador (2006) e o Camerún (2007), antes de que pasase a ser un combinado afeccionado.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloEquipoPaísAnoPrimeira división vietnamitaĐồng Tâm Long An FC2012
Campionatos internacionais TítuloEquipoPaísAnoCopa Mundial de fútbol Sub-20Selección española de fútbol España1999Copa IntertotoReal Club Celta de Vigo España2000
Distincións individuais DistinciónCompeticiónAnoBota de OuroCopa Mundial de fútbol Sub-201999
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información do xogador en www.yojugueenelcelta.com Datos de Couñago en www.bdfutbol.com Ficha en www.soccerway.com
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Deportistas de Redondela Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Ipswich Town FC Categoría:Xogadores do Crystal Palace FC Categoría:Xogadores do Đồng Tâm Long An F.C. Categoría:Xogadores do Kitchee SC Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Xogadores do Alondras CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do PK35 Vantaa Categoría:Xogadores do Honka FC Categoría:Nados en Redondela